Novas!
Aquí tedes en exclusiva as imaxes do deseño do que será a parte de atrás do Xoldra!
En pouco tempo o Xoldra cambiará o deseño da zona das mesas que usamos tamén para realizar os concertos. Como todos pedíades, poñeremos sofás e unhas mesas igual de grandes que as de agora, para poder xogar cómodamente ás cartas, trivial ou andar en internet co teu ordenador! E como podedes ver, tamén cambiará o deseño das paredes e o chan, cunha decoración mais moderna e atractiva que de seguro vos gustará. Esperamos as vosas opinións no libro de visitas ou na nosa páxina de facebook. Esperamos ter todo reformado para estas navidades, así que tede paciencia!!!
Agora abrimos tamén os luns!
Oliveira xa é noso. Agora que traballa connosco poderemos abrir tódolos días para que desfrutedes mais dias do noso local. A apertura será definitiva, inverno incluido. Agora no Xoldra, por vez primeira dende que abrimos, tedes tres camareiros para atendervos...ou non!
Lista de nenos! mais guapos do Xoldra
O domingo 5 de xullo, tres rapazas moi simpáticas non tiveron outra cousa que facer que valorar o atractivo de 20 rapaces habituais do noso local. Boa proposta, que aceptamos como valoración únicamente persoal. Aqueles que non aparezan, non supón que señan menos atractivos. Simplemente escolleron os que rondaban polo Xoldra nese momento. Ahí vai a lista de como quedou a puntuación. Sacade as vosas propias conclusións!
1os.: BRAIS CORBELLE, OLIVEIRA, JAVUCHO e ADRIÁN.
5os.: CHITO, DANI GASOLIÑEIRO, RODRIGO e DIEGO ROCA.
9os.: MAURO, DIEGO BAAMONDE.
11º: VÍCTOR PARGA.
12º: IGOR.
13os.: TUNA e DIEGO PENA.
15º: MARCOS.
16º: JAVI TEIXEIRO.
17º: PEDRITO e DANI OLIVEIRA.
19º: LUIS JOTAPUNTO e JESUS MARTUL-
Como sempre, tomade este cuestionario como unha simple broma. Os rapaces tamén fixemos unha que en poucos días veredes aquí mesmo.
