¿Que é o Xoldra?
Rúa do Concello, nº 25, baixo, Guitiriz, Lugo. Tels.:982370356/618837751
Xoldra é un pub moderno que abre no 2004 con grandes ideas que pouco a pouco se van desenrolando no local.
Dende un principio comezamos a organizar concertos, e case todos eles foron un gran éxito, dándonos mais pulos para seguilos organizando.

O local non é moi grande, polo que moitas veces queda pequeno para algunha das actividades que solemos celebrar. De feito festas como a da sidra ou a da cervexa témolas que facer na terraza por este motivo.

Xoldra é un bo lugar para tomar unha copa ou mellor unha caña coa súa respectiva tapa en horario de viños, xa que é unha das mellores excusas para tomar algo no local.
Entre as especialidades podes atopar a Txaca, Jambalaya, Neno Envolto,... ou a clásica Tortilla que atoparás tódolos días, a parte dos Callos os domingos.

Seguiremos organizando concertos, charlas, ciclos de cine e mais durante os vindeiros anos, nos que esperamos que sigades apoiando as nosas actividades como ata de agora. Unha aperta!
